A contas da marcha: 7445,95€ para a curación da Síndrome de Angelman

Editei o 4 de marzo para correxir datos que interpretara mal:

Disculpade as dúas semanas de tardanza en publicar os resultados económicos da marcha. Ás veces costa un pouco botar certas contas, sobre todo se hai patrocinios e subvencións que son pouco concretos ou tardan. Pero aquí vai con todo pechado, poño decimais para que non sexa máis lioso.

Os ingresos recibidos entre patrocinios, inscricións e donativos foi de 8480 €. Desglósanse así:

1. Incricións dos bikers 5682€.

2. Donativos de particulares (participantes da marcha, andaina ou non participantes: 1348€.

3. Patrocinadores: 1450€.

Gracias aos agasallos que nos deron, os gastos de organización foron de só 1034,59 €

Así que o que se enviou á Asoción Síndrome de Angelman para apoiar a investigación para a cura da enfermidade é de :

7445,95€.

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS E TODAS.

PD: OLLO, organizar a ruta costa moitísimo máis que os 1035 € que indicamos. Sendo benéfica obtivemos algunhas vantaxes gratuítas como asistencia médica, ambulancias, agasallos ou colaboradores en motos e quads que non aceptaron compensación algunha, nin sequera pagarlles a gasolina. Non saquedes conclusións precipitadas sobre outras marchas please.

2 opinións sobre “A contas da marcha: 7445,95€ para a curación da Síndrome de Angelman

  1. Foi un placer apoiar a esta causa.Sabemos q esta cantidade non chega a nada así q esperamos e desexamos q a xente se involucre un pouco mais.Un saudo

  2. Grazas,

    Grazas a todos os que fixeron posibel esta marcha que foron moitos, non podo dar as grazas un a un porque non remataríades de lelo en moito tempo, so podo decir que a os pouquinos fanse as grandes cousas, e todos vos fixestes que ese día foxe moi grande para todos nos.

    Unha aperta

    Roque (Paí dun Sindrome de Angelman)

Deixar un comentario