Fotos e percorrido da marcha

sirenita

FOTOS

Album da gran charca, depois da trialera técnica

Album de Racso, con fotos do primeiro charco xigante!

Antón Barbosa Fotografía

Máis fotos de Antón Barbosa Fotografía

Fotos de Antón Barbosa nunha trialera

Álbum de Rosi Vidal López, este vai de caras sucias!

Unhas poucas máis, de Xabarín

Álvaro fixo un monte de fotos no túnel de Area Milla

fotos de Gil, no casco vello

Máis fotos de Gil, no comezo da subida en Donón

Fotos de Uxío: zona vella, subida de Donón e última trialera

VÍDEOS

Vídeo de Antón Barbosa, nunha das baixadas

Vídeo na costa da Vela de Tucho

O PERCORRIDO

Tack da ruta

35 km cun nivel físico medio alto. Bueno, o GPS marca 35, pero os contakilómetros 38.

O máis destacado da marcha son as impresionastes vistas das costas do Morrazo. Na ida asomámonos á ría de Aldán e Pontevedra,  e panorámicas caro o norte da península do Morrazo. Na costa da Vela rózase a inmensidade do mar aberto mentres semella que podes tocar as illas Cíes que se asoman a Cabo Home. Xa á volta vaise seguindo a Costa das augas tranquilas da ría de Vigo ata entrar en Cangas de novo.

A marcha é rompepernas, sen subidas longas pero con rampas moi intensas, haberá quen terá que empuxar a bici por tramos pequenos pero é ciclable ao 100%.

Ten uns 1050 metros de subida acumulada e o avituallamento estaba no quilómetro 17,5 en Donón, en plena Costa da Vela, antes de dirixirse cara os faros da zona de Cabo Home.

Poucas trialeras pero nalgunha precísase destreza.

percorrido

percorrido

Regulamento da Marcha

 

Art. 1.- A peña  Ciclista Bike ou non Vai, coa autorización da federación Galega de Ciclismo e Organismos competentes., organiza a “I Marcha Cabo Home Sindrome de Angelman” que se celebrará o día 16 de Febreiro de 2014.

Art. 2 .- Esta marcha está aberta a todo tipo de participantes sempre que sexan maiores de idade. Os ciclistas que non posúan licenza federativa estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil que a organización contrata coa aseguradora GCS.

Art. 3.-A actividade está clasificada como Marcha Neutralizada.

Art 4.- Será obrigatorio o uso do casco protector regulamentario. Ademais, todos os participantes deberán levar visible o dorsal identificativo que se lles entregará antes da saída. A organización poderá excluír da marcha a calquera participante ante e incumprimento de calquera destes requisitos ou un comportamento neglixente ou que poña en perigo aos participantes, transeúntes ou o medio natural. Unha vez excluído, non poderá circular polo percorrido da marcha mentres non o faga o último dos participantes, considerándose fora da marcha a todos os efectos.

Art. 5.– A cuota de Inscrición será de 6 Euros para todos os participantes.

Art. 6.- A organización contará coa colaboración de Policia Local, Protección Civil, Ambulancia, Asistencia Mecánica, Avituallamiento Sólido e Líquido, Duchas e sorteo de agasallos.

Art. 7.- Todos os participantes considéranse en excusión persoal, debendo aterse ás normas do vixente regulamento Xeral de Circulación, considerándose persoalmente responsables das infraccións que poidan cometer.

Art. 8.- A organización resérvase o dereito a modificar todo o relativo a itinerarios, horario de saída, avituallamento, etc, , cando as circunstancias o aconsellen.

Art. 9 – Haberá un vehículo de T.T. diante da marcha que irá provisto dunha bandeira VERMELLA e outro ao final cunha bandeira VERDE, que acotarán os participantes e resto de usuarios da vía.

Art. 10.- Disporase de Ambulancia, médico y ats para a asistencia de todos os participantes.

Art. 11 .- O percorrido estará sinalizado e haberá aviso das zonas máis perigosas, coas súas correspondentes alternativas.

Art. 12 .-  Os colaboradores da marcha estarán identificados en todo momento.

Art. 13 – O mero feito da inscrición nesta marcha implica a aceptación deste regulamento.

6 opinións sobre “Fotos e percorrido da marcha

    • Non está aínda aberto o prazo de inscricións. En canto estea, pásase o número de conta. Os que estan xa inscritos, recibirán esa información no seu mail.
      Un saúdo.

    • Que pregunta máis complicada. Depende como se mire. Non nos interesa que se estire moitísimo así que os de adiante, que están moi en forma, irán máis ben relaxados.

Deixar un comentario